Friday 26 de April de 2024

Esta fin de semana comeza o LI Trofeo Concello de Oleiros de fútbol


Obrero, Unión Campestre, Santa Cruz, Cristo Rey, Atlético San Pedro, Marino, Dorneda, Mercurio e Hércules disputarán desde esta fin de semana a LI edición do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol. O Concello entregará 7.659 euros en premios entre todos os clubs participantes.

O torneo disputarase no formato habitual. Os equipos están repartidos en dous grupos (A: Obrero, Unión Campestre, Santa Cruz, Cristo Rey, Atlético San Pedro; B: Marino, Dorneda, Mercurio e Hércules). Os dous primeiros clasificados de cada grupo serán os semifinalistas que se enfrontarán a ida e volta para decidir os 2 clubs finalistas. A gran final disputarase o sábado 3 de setembro no campo municipal Leonardo Maceira, nos Regos.